martes, 26 de junio de 2018

CORRECREO

Durante o presente curso e despois de iniciar esta actividade experimentalmente no curso anterior, nos cursos de 1º e 6º de EP,  desenvolvemos o CORRECREO ampliando a participación ao alumnado de 5º e 2º de EP.
Con esta actividade pretendemos desenvolver hábitos activos e saudables nos tempos de lecer e favorecer a convivencia entre o alumnado, de tal xeito que se tenda a reducir os conflictos. A participación foi voluntaria, actuando os cursos superiores de dinamizadores dos cursos inferiores e propuxéronse xogos tradicionais que estimularan ao alumnado a desenvolver habilidades motrices básicas, principalmente a carreira.
Podemos considerar muy positiva esta a actividade e plantexaremos a posibilidade de ampliala a tódolos cursos e durante algún día máis da semana de cara ao vindeiro curso.
Agradecemos a colaboración do alumnado e invitámolo a participar no vindeiro curso con máis e mellores actividades.. Moitas gracias!!








BOLETÍN CORRETEANDO nº4





RESULTADOS 1ª CARREIRA DAS FLORES

O luns 18 de xuño e despois dun aprazamente polas condicións meteorolóxicas adversas, desenvolveuse a 1ª CARREIRA DAS FLORES entre o alumnado de Educación Infantil.
O alumnado de 5º participante na actividade extraescolar de atletismo colaborou na organización da proba, tendo en conta que nun principio eran os de 6º os que terían esa responsabilidade e dado que coincidiu  coa excursión final de curso, non puideron estar presentes. A carreira transcurriu con normalidade e o alumnado esforzouse por facer o percorrido no menor tempo posible. 
Desde un principio e dirixidos polos de 5º curso, os diferentes niveis fixeron os quecementos nas zonas habilitadas para o mesmo e déronse as saídas comenzando polos mais pequenos, sendo estos a primeira vez que afrontaban una proba destas características. 
Finalizada a proba e feita a recollida de orden de chegada, estableceuse esta clasificación tendo en conta os 5 primeiros clasificados de cada curso:

1º clasificado..........5A..............23 puntos
2º clasificado..........4A..............25 puntos
3º clasificado..........3B..............26 puntos
4º clasificado..........3A/4B.........30 puntos
5º clasificado..........5B..............33 puntos

Agradecemos a colaboración do alumnado de 5º curso e esperamos seguir dando continuidade a esta proba deportiva dentro do noso Proxecto Deportivo de Centro.





jueves, 7 de junio de 2018

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE PINTURA: LOGOTIPO E CARTEL CARREIRA DO MAGOSTO

Desde a actividade extraescolar de pintura continúan colaborando no Proxecto Deportivo de Centro. O alumnado asistente a esta actividade encargouse de facer a cuadro da 4ª Carreira do Magosto, como en edicións anteriores e a maiores fixeron un cuadro do logotipo que representa ao ATLÉTICO PORTOFARO.
Estos cuadros pasarán a expoñerse no mural deportivo do colexio, situado ao carón da porta de acceso ao ximnasio, no caso do cuadro da carreira e na entrada do colexio, no caso do logotipo.
Agradecer a colaboración do profesorado da actividade extraescolar de pintura e animar ao alumnado a seguir sendo partícipe desta actividade.

                   !!!!GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!
                                   

ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR DE ATLETISMO

Como en cursos anteriores, desenvolveuse durante o presente curso a actividade extraescolar de atletismo. O alumnado asistente a esta actividade continúa en ascenso progresivo, chegando a alcanzar o número de 30 inscritos ao final de curso.
Con esta actividade pretendemos fomentar a práctica do atletismo e motivar ao alumnado a participar do programa deportivo XOGADE, actividade planificada dentro do Proxecto Deportivo de Centro.
Agradecemos de novo a colaboración da ANPA A Curuxa pola súa implicación e intentaremos que o número de participantes desta actividade continúe crecendo para o vindeiro curso.
Asimesmo, agradecer o traballo que o profe Carlos está facendo co alumnado e facelo partícipe dos resultados acadados.

                             !!!!!MOITAS GRACIAS!!!!!


lunes, 4 de junio de 2018

jueves, 31 de mayo de 2018

CARTEL 1ª CARREIRA DAS FLORES

Entre o alumnado de Educación Infantil fíxose un concurso de cartel para elexir o que representaría dita proba no presente curso 2017/18. De todos os traballos realizados elexíronse catro carteis finalistas, sendo o traballo seleccionado o realizado por CARMEN SANDE MAGALHAES de 5 anos A.
A continuación expoñemos ditos carteis e agradecemos a colaboración do profesorado e alumnado de infantil para a celebración de dita proba deportiva.


CARMEN SANDE MAGALHAES 5A


TANIA RODRÍGUEZ BUSTABAD 5B



DANIELA JOSÉ SUÁREZ FACAL 5B



ROCÍO LOZANO SOUTO 5B